A ANPA do IES O Couto pon en marcha un concurso para buscar un novo logo.

O obxectivo  é crear un logo destinado a representar a imaxe da nosa asociación en tódalas accións que esta considere oportunas

BASES

PARTICIPANTES

Poderán participar tódolos alumnos/as do IES O Couto

PRESENTACIÓN

  • Cada alumno/a poderá participar cun só debuxo, no que se faga dalgunha maneira referencia á ANPA do IES O Couto.
  • Os traballos realizados elaboraranse en formato A4, non podendo superar os 8 cm.
  • Valorarase que o logotipo sexa: orixinal, sinxelo, lexible, e reproducible en calquera tipo de material.
  • Na parte dianterira irá o deseño do logotipo e, na traseira, deberán incluírse o nome e apelidos do autor/a así como o curso.

PRAZO DE ENTREGA

Informarase desde o departamento de debuxo as datas para entregar os traballos

XURADO

Estará formado por membros do departamento de debuxo do IES e da xunta diretiva da ANPA

PREMIOS

Primeiro premio: un estoxo completo de debuxo

Segundo premio: un xogo de grafos

NOTA: A persoa que resulte gañadora cederá á ANPA do IES O Couto tódolos dereitos de propiedade intelectual que puideran corresponderlle en relación co deseño