Cada vez que un departamento propón unha actividade, ahí está a ANPA para colaborar e impulsala. Cando os profesores/as desexan saír do centro para realizar calquera tipo de actividade, un dos problemas principais é o do financiamento. Na ANPA coñecemos esta realidade, polo que sempre tentamos axudar no seu financiamento.

Estas actividades son moi variadas, e se organizan ao longo do curso escolar: Saídas á aula da natureza, ao Auditorio para ver representacións, visitas dun día a calquera vila ou cidade, asistencias a exposicións, concursos...