Setembro de 2016:

Foi presentada a nova xunta diretiva, que comezará a traballar a partir do curso 2016-17.

Noutra orde de cousas os socios/as foron informados do número tan preocupante de asociados/as nos últimos anos. Os pais e nais adoitan inscribirse na Anpa os primeiros cursos, e logo o seu número vai diminuíndo paulatinamente.

Adoptouse a decisión de que a Anpa, cando sexa posible, financie só aos seus socios. Por exemplo: se a Anpa colabora nunha festa, a axuda será sen condicionantes, pero se se trata dunha excursión, a Anpa subvencionará o custe da viaxe dos seus socios.

Esta medida ten o único obxectivo de conseguir que o número de socios aumente significativamente, e que a nosa Anpa sconstitúa unha representación maioritaria dos pais e nais dos alumnos/as do IES O Couto