A nova xunta diretiva da Asociación de nais e pais de alumnado do IES O Couto, dalles a benvida á súa nova páxina web. Nela tentaremos de ter informada a toda a comunidade educativa de todas aquelas iniciativas que vaiamos poñendo en funcionamento ao longo do curso; e tamén de todas aquelas nas que colaboremos co centro educativo e profesorado.

Pretendemos que esta páxina non sexa só unha ferramenta informativa, senón tamén que se convirta nunha vía de comunicación con todos vos.

O seu deseño está optimizado para que o seu uso se poda realizar desde os dispositivos móbiles (teléfonos, táblets, etc).

Animádevos a colaborar connosco!!!